Convidados



Víctor Gómez



Víctor Gómez (Madrid, 1976) é debuxante, director e guionista. Director da serie Heavenly Hell para Naysel entertainment, dispoñible agora na rede social Tuenti, HEROKIDS para alma ata International Pictures, estreada en TVE e autor dos cómics Aínda lendo tebeos para Panini Cómics e Flushville onde realiza o guión para a revista Amaniaco.
Podes ver o seu traballo na súa web ou no seu muro de Facebook.
 * * *

Gaming Stroop




Asociación de Videoxogos de Pontevedra



Coñéceos en Instagram ou Twitter
 * * *

Smash Bross Galicia

* * *

María Vilar



É autora e debuxante de cómics dende o ano 2002, parte da súa obra está dedicada á elaboración de cómics para un público infantil-xuvenil. É entintadora para o mercado americano e autora de series mensuales para adultos nunha revista de tirada nacional. Complementa este traballo co seu labor como profesora de clases de debuxo de cómic na Biblioteca Central de Vigo, actividade concertada pola Xunta desde o curso 2007-2008, divulgando as características positivas e integradoras que caracterizan ao cómic como así mesmo o desenvolvemento tan positivo da creatividade e o traballo en equipo dos alumnos.


* * *

Iago Araújo Molina




Técnico superior en gráfica publicitaria (Aula D 2000-2003), é ilustrador e diseñador freelance dende o ano 2000, con gran parte da súa obra como debuxante dedicada á elaboración de proxectos divulgativos destinados ao público infantil-xuvenil, complementa este traballo co seu labor como docente en varios colexios vigueses. É membro da AGPI (Asociación Galega de Profesionais dá Ilustración).



* * *

Tempus Ludit



Somos unha asociación cultural de mozos e mozas centrada nos xogos de mesa,cartas e rol, formada por persoas afeccionadas aos comics, fantasía e cultura alternativa. Durante os dous anos de vida que temos, tentamos realizar
actividades tanto internas como abertas ao público non socio coma son torneos, campañas de rol, obradoiros de manualidades ou xornadas de portas abertas.

Coñeceos na súa web ou no seu muro de Facebook.

* * *

U-Tad



Somos un Centro Universitario referente na formación de futuros líderes do mundo dixital. Somos un centro de alto rendemento que combina a experiencia internacional dos seus fundadores, unha comunidade de estudantes e profesionais moi unida e unha fonte inesgotable de innovación.





Coñece a U-tad na súa web.

* * *

Meru Cosplay


Son unha cosplayer viguesa e levo no mundillo do cosplay dende fai xa 6 anos e o  que mais me gusta e confeccionar os meus propios traxes.




                           Visita a Meru en Twitter, Facebook ou Instagram.


 * * *

Yumivigo




Coñece a Yumi en InstagramTwitter ou Facebook


 * * *

Luscofusco Cosplay




Lowell e Eru somos as dúas integrantes de Luscofusco Cosplay. Levamos neste hobby desde que fixemos os nosos primeiros traxes en 2012, e desde entón intentamos aprender e perfeccionar multitude de técnicas para os nosos traxes: tanto patronaxe e costura, como armas e armaduras, caracterización e maquillaxe... de todas elas creemos que o noso punto forte son as pelucas, por iso imos dar un taller sobre o tema na Comic de Moaña. Vémonos alí!

Coñece a Luscofusco en instagramfacebook e twitter


 * * *

Os Guardiáns




Asociación de xogos de cartas e mesa de Moaña.


* * *

The Korean Nightmares



Somos un grupo de covers de kpop e agora tamén doutros estilos de música desde fai xa un añito por diversión e polo noso gran amor pola música e polo baile. Temos varias redes sociais onde nos podedes seguir para ver os nosos bailes, decatarvos de todas as novidades e futuras covers e ata propoñernos cancións que vos gustaría ver na canle!
Coñece a Korean Nightmares en YoutubeInstagram e Twitter




Ningún comentario:

Publicar un comentario